Os xoves de Guibor. A escultura como territorio emocional

OS XOVES DE GUIBOR
“A escultura como territorio emocional. Reflexións sobre o seu proceso de ensinanza e aprendizaxe.”

Xoves 20 de xuño
Coordina: Ana Mª Vidal Ruiz de Velasco
Entrada libre hasta completar aforo

Ver evento en Facebook

Ana acaba de doutorarse presentado a súa Tese “A escultura como territorio emocional da forma e do espazo. Reflexións sobre o seu proceso de ensino e aprendizaxe”, compartirá connosco o seu traballo, convidaranos a xogar e a construír.

Compartimos un anaco das súas motivacións que posibilitaron o exquisito traballo:
“Posiblemente as miñas motivacións para escribir este traballo remóntense á miña infancia. A aqueles veráns cheos de tempo e liberdade que pasabamos os meus doce curmáns, os meus dous irmáns e eu en casa dos meus avós en Lema, preto de Cambre.

A maior parte dos meus recordos de infancia veñen de alí, daquel caldo de cultivo perfecto para experimentar e divertirse. Eternos días de aventuras, enxeño e imaxinación dificilmente superables por calquera actividade proposta desde a escola, por moi ambiciosa que esta fose. Co tempo deime conta do moito que aprendín alí.

Inventabamos xogos, construïamos a gran escala —ambiciosas cabanas para sentarnos a merendar— e a pequena escala —luxosos chalés para grilos—, podabamos as roseiras, vendiamos mazás para poder comprar « gominolas», faciamos colonia con hierbaluisa e parcheábamos unha e outra vez unha eterna piscina de goma. Todo implicaba un proceso ritual e de caracterización, porque a motivación primeira era pasalo ben. Non se trataba simplemente de pintar unhas pedras coa pintura medio seca que atoparamos no cuarto das ferramentas, senón que a todo iso había que adherirlle un antes e un despois igualmente emocionantes. Tiñamos que vestirnos para a ocasión, enfundarnos concienzuda e ingeniosamente en papel de xornal para non manchar a camiseta e as bermudas seminuevas (pois posiblemente estivesen a dar servizo á segunda ou terceira xeración de curmáns) e como non, cubrirnos os tenis Vitoria e as alpargatas, calzados por excelencia dos veráns en Lema. Encantábanos disfrazarnos, converternos naquel personaxe ao que temporalmente iamos representar; así era todo máis real, máis divertido.”


Dende no noso terapéutico vimos organizando 2 ciclos de acceso libre e gratuitos. Invitámoste a que nos acompañes.
Podes enterarte de todos os eventos facendo “Me gusta” na nosa página de Facebook del espacio terapéutico.

Espacio de meditación

Cando: Todos os primeiros xoves de cada mes
Horario: 20:30 a 21:30

Compartindo experiencias

Cando: 3º xoves de cada mes
Horario: 20:30 a 21:30

Máis información: luns, mércoles e xoves de 16h. a 20h.
Teléfono de contacto: (+34) 981 941 861
Ou no noso Facebook