Ciclo de Talleres impartidos por Ana San Segundo

A partir do 27 de xuño podes asistir ao Ciclo de talleres baseado na Relaxación Creativa do Dr. Eugenio Ferreiro e impartidos pola psicóloga Ana San Segundo a partir de unha adaptación realizada tras moitos anos de poñela en práctica de maneira persoal e profesionalmente.

Podes anotarte no noso evento de Facebook

Organizado en catro partes que se mostran en catro semanas sucesivas e nas que se adestra o ensinado e axústase o aprendido en base á experiencia tras a súa práctica. Por iso é necesario participar desde o comezo ata o final. É un camiño de introspección a áreas progresivamente máis profundas.

Programa
1ª Parte: control de músculos. A función da intención. O acceso automático a ferramentas de autocontrol.
2ª Parte: control de veas, arterias e respiración.
3ª Parte: control e uso da imaxinación
4ª Parte: coñecemento e uso do material simbólico semiconsciente.

Características do Taller
Acceso gratuíto
Imparte: Ana San Segundo. Psicóloga.
Grupo pechado: unha vez creado o grupo non poderán incorporarse máis participantes.

Datas
Xoves 27 de xuño
Xoves 4 de xullo
Xoves 11 de xullo
Xoves 18 de xullo

Horario
De 19 horas a 20 horas
Duración: dependendo da cantidade de integrantes, entre unha a unha hora e media.
Prazas limitadas
Inscricións: info@gestaltguibor.com