03 Xuñ A vida no corpo
ÚLTIMO ENCONTRO
Terapia Corporal. Características:
- Grupo aberto
- Pódese asistir a talleres soltos
- Día: venres 21 de xuño
- Horario: de 19:00 a 21:00
- Datas: 19-10, 16-11, 14-12, 28-12, 11-01, 15-02, 15-03, 05-04, 21-05
O traballo está fundamentado na Terapia Bioenergética, na Terapia Gestalt e Expresión Corporal. Estas metodoloxías relacionan as expresións corporais, emocionais e caracteriales dos pacientes e a súa estrutura muscular, permitíndonos desbloquear zonas do corpo humano cargadas e ríxidas e liberando así os sentimentos e emocións que non atopan unha escapatoria apropiada.
Hai unha relación entre o carácter dunha persoa e a súa estrutura muscular. Certas experiencias emocionais, a miúdo provenientes da primeira infancia poden causar unha tensión muscular significativa e consecuentemente o estado afectivo queda desvitalizado. O traballo de sensibilización e desbloqueo corporal ocúpase de axudarnos a recuperar a conexión profunda connosco mesmos, a nosa espontaneidade, a nosa vitalidade e os nosos desexos máis profundos.
Máis información: de luns, mércores e xoves de 16 h. a 20 h.
Teléfono de contacto: (+34) 981 941 861
Ou no noso Facebook