Escola Gestalt Guibor

Guibor é unha escola de formación en Terapia Gestalt avalada pola AETG. Desde 2001 impartimos adestramento gestáltico nos tres niveles: básico, superior e supervisión.

ACERCA DA ESCOLA

Guibor é unha escola de Terapia Gestalt fundada en Santiago de Compostela recoñecida pola A.E.T.G. (Asociación Española de Terapia Gestalt) e en proceso de acreditación pola F.E.A.P.(Federación Española de Asociacións de Psicoterapeutas). A nosa escola converteuse na referencia para a Formación como Terapeuta Gestalt en Galicia.

A través de todo este tempo guiounos a idea de transmitir unha actitude de transparencia persoal, apoiada tanto na aprendizaxe da técnica como no desenvolvemento da intuición; dotando ao alumno das ferramentas necesarias e propiciando unha actitude gestáltica no seu quefacer profesional.

Guibor é unha escola de Terapia Gestalt fundada en Santiago de Compostela recoñecida pola A.E.G.T. (Asociación Española de Terapia Gestalt) e en proceso de acreditación pola F.E.A.P.(Federación Española de Asociacións de Psicoterapeutas). A nosa escola converteuse na referencia para a Formación como Terapeuta Gestalt en Galicia.

A través de todo este tempo guiounos a idea de transmitir unha actitude de transparencia persoal, apoiada, tanto na aprendizaxe da técnica como no desenvolvemento da intuición; dotando ao alumno das ferramentas necesarias e propiciando unha actitude gestáltica no seu quefacer profesional.

UN ESPAZO DE CALIDEZ E COIDADO

Na Escola Guibor desenvolvemos a nosa actividade formativa nunha contorna natural privilexiada en plenas Rías Baixas galegas. A escola está situada na localidade de Caamaño, á beira do mar e rodeada de natureza onde o océano, o bosque, as pedras e os ríos son elementos de traballo, permitindo así unha maior intensidade e profundidade no adestramento.

Co tempo converteuse nun espazo de calidez e coidado no que poder crecer, compartir e evolucionar co obxectivo de axudar a alcanzar a meta de ser unha persoa máis autónoma, auténtica, responsable e con maior conciencia.

FRITZ PERLS. UNHA VISIÓN GESTÁLTICA

O traballo da nosa escola desenvólvese desde unha visión gestáltica na liña de Fritz Perls que se basea en:

O aquí e agora. Vivir e sentir o presente, a realidade.
O darse conta. Ser consciente do que (me) pasa en cada momento.
Ser responsable tanto do que uno é como dos propios pensamentos, sentimentos e accións.
A autorregulación organísmica, a confianza na capacidade de atopar o propio equilibrio a través da liberación do instinto que nos leva  autenticidade e coherencia interna.